sábado, 5 de octubre de 2013

CREMA DE MELOCOTÓN

    CREMA DE MELOCOTÓN





    A sobremesa de hoxe case se pode facer cos ollos pechados.  Non precisamos forno nin cociña;  cun simple batedor basta.  Pode servirnos para practicar a cociña cos nenos; seguro que se divirten e non ten perigo que os deixemos "cazolear".



    Tamén nos pode servir para sacarnos dun apuro.  Basta que teñamos os ingredientes na casa e a solución será bastante rápida, sen falar do ben que quedaremos diante dos nosos convidados.  Eso si, como na cociña tamén se recicla, non esquezamos gardar eses vasiños dos iogures que servirán de copas máis ou menos improvisadas.

Precisamos:

  • Un bote grande de melocotón en conserva
  • Un bote pequeno de leite condensado
  • Un iogur natural
  • O zume de medio limón




    Nun recipiente, no que poidamos bater sen salpicar, botamos os melocotóns sen o xarope, o leite condensado, o iogur e o zume de limón.  Batemos e se queda espeso engadimos un pouco do xarope.
Só queda encher os vasos e levar á neveira.  Nun par de horas estará listo para tomar. 



    El postre de hoy casi lo podemos hacer con los ojos cerrados.  No necesitamos horno ni cocina; con una simple batidora basta.  Puede servirnos para practicar la cocina con los niños; seguro que se divierten y no hay peligro si los dejamos "cazolear".

     


    También nos puede servir para sacarnos de un apuro.  Basta con que tengamos los ingredientes en casa y la solución será bastante rápida, sin hablar de lo bien que quedaremos delante de nuestros invitados.  Eso sí, como en la cocina también se recicla, no olvidemos guardar esos vasitos de los yogures que servirán de copas más o menos improvisadas.

    
Necesitamos:

  • Un bote grande de melocotón en conserva
  • Un bote pequeño de leche condensada
  • Un yogur natural
  • El zumo de medio limón




    En un recipiente, en el que podamos batir sin salpicar, echamos los melocotones sin almíbar, la leche condensada, el yogur y el zumo de limón.  Batimos y si queda espeso añadimos un poco de almíbar.  Solamente queda llenar los vasos y llevar a la nevera.  En un par de horas estará listo para tomar.
   

2 comentarios:

  1. Isto ten moi boa pinta e coido que tamén boas calorías. De todos os xeitos non me vou resistir a facelo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ás veces o mellor e deixarse levar pola tentación...

      Eliminar