jueves, 1 de mayo de 2014

PALMEIRAS DE FOLLADO


    PALMERAS DE HOJALDRE


    Esta é unha sobremesa rápida e sinxela.  Pero sen enganos, non dura moito tempo (cómese rapidamente) e case nos sae máis económico e rápido mercalas no supermercado.  Claro que non é o mesmo! (opina a miña filla máis nova).



    Como ingredientes só temos que dispoñer de:

  • 1 lámina de masa de follado
  • Azucre


    A miña masa era conxelada.  Despois de desconxelar estireina un pouco, para o que hai que ter a precaución de botarlle un chisco de fariña.  Despois de estirar, limpar o mesado e polvoriñar con azucre, puxen a lámina enriba e premín un pouco para que quedara impregnada del.  


    Dobreino cara a metade dende os dous extremos.  Polvoriñei outro pouco de azucre e volvín a dobrar cara á metade os dous extremos.



    Un pouco máis de azucre e cerramos.


    Cortamos anacos dun centímetro máis ou menos (sairán uns 15) e poñémolos nunha bandexa de forno cuberta con papel de forno.  Cociñámolas a 190º uns 20 minutos.  Temos que deixar os anacos separados pois crecen e coller forma.  Cando collen color dourado, sacámolas.  Así, quentes, pasámolas por un prato con azucre e deixámolas arrefriar.




    Este es un postre rápido y sencillo.  Pero sin engaños, no dura mucho tiempo (se come rápidamente) y casi nos sale más económico y rápido comprarlas en el supermercado.  ¡Claro que no es lo mismo! (opina mi hija más joven).


    Como ingredientes sólo tenemos que disponer de:

  • 1 lámina de masa de hojaldre
  • Azúcar


    Mi masa era congelada.  Después de descongelar la estiré un poco, teniendo la precaución de echarle un poco de harina.  Después de estirar, limpiar el mesado y espolvorear con azúcar, puse la lámina encima y presioné un poco para que quedar impregnada del.
    

    Lo doblé hacia la mitad desde los dos extremos.  Espolvoreé otro poco de azúcar y volví a doblar hacia la mitad los dos extremos.
    


    Un poco más de azúcar y cerramos.


    Cortamos trozos de un centímetro más o menos (saldrán unos 15) y los ponemos en una bandeja de horno cubierta con papel de horno.  Las cocinamos a 190º unos 20 minutos.  Tenemos que dejar los trozos separados pues crecen y cogen forma.  Cuando están doradas, las sacamos.  Así, calientes, las pasamos por un plato con azúcar y dejamos que enfríen.



2 comentarios:

  1. Estaba pensando que galdruma mercar para tomar mañá co café e vexo que fixen ben en vir fisgar se puxeras algo interesante. Está claro, vou mercar unha masa de follado e mirar se estou dacordo coa túa filla pequena.


    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois xa nos contarás se te convencen. A miña filla máis nova (se lle chamo pequena enfádase) máis eu esperamos a túa opinión. Disfruta o fin de semana.

      Eliminar