miércoles, 21 de mayo de 2014

PIZZA "IMPROVISADA"

    PIZZA "IMPROVISADA"


    Tamén podería chamala pizza "do momento":  do momento en que abres a neveira e te decatas de que tes varias cousas abertas e que é urxente consumilas.  E que mellor maneira que facelo nunha pizza?  Despois de todo, era sábado (noite de pizza na nosa casa) e tiña un pouco de masa de máis.  Se a isto lle engadimos o remisos que son os meus comensais a probar cousas novas aínda me asombro do rápido que acabaron con ela sen queixas de ningún tipo.


    Non poño as cantidades porque a fixen "a ollo":

  • Masa para pizza.
  • Peituga de polo (adobada e feita á prancha)
  • Champiñóns (de lata)
  • Nata
  • Bacon
  • Ourego
  • Queixo relado.
    Estendín a masa de pizza e fíxenlle un borde para que no escapara o líquido.  Botei un pouco de nata líquida, polvoriñei con ourego e engadín o resto dos ingredientes:  a peituga cortada en anaquiños ( axudándome dunha tesoira), os champiñóns picados tamén, o bacon en anaquiños e por riba un pouco de queixo relado.  
    E ao forno en posición baixa a 200º.  Cando empeza a coller cor tostada, retirámola.  Deixamos que arrefríe e facémola desaparecer.


    También podríamos llamarla pizza "del momento":  del momento en que abres la nevera y te das cuenta de que hay varias cosas abiertas y que es urgente consumirlas.  ¿Y será quizás la pizza la mejor manera de aprovecharlas?  Después de todo, era sábado (noche de pizza en nuestra casa) y tenía un poco de masa sobrante.  Si a esto le añadimos lo reacios que son mis comensales a probar cosas nuevas, aún me asombra lo rápido que acabaron con ella sin quejas de ningún tipo.


    No pongo las cantidades porque la hice "a ojo":

  • Masa para pizza.
  • Pechuga de pollo (adobada y hecha a la plancha)
  • Champiñones (de lata)
  • Nata
  • Bacon
  • Orégano
  • Queso rallado.
    Extendí la masa de pizza y le hice un borde para que no escape el líquido.  Eché un poco de nata líquida, espolvoreé orégano y añadí el resto de los ingredientes:  la pechuga cortada en trozos (ayudándome de una tijera), los champiñones picados también, el bacon en trocitos y por encima un poco de queso rallado.

    Y al horno en posición baja a 200º.  Cuando empieza a dorarse, la retiramos.  Dejamos que enfríe y la hacemos desaparecer.




   
    

No hay comentarios:

Publicar un comentario