lunes, 9 de abril de 2012

ROSCÓN DE PASCUA

    ROSCÓN DE PASCUA

    A Semana Santa xa rematou e con ela tamén o día de Pascua coa elaboración dunha sobremesa moi típica:  a rosca ou roscón que moitos padriños regalan por estas datas aos seus afillados.



    A miña nai adoita facer a gran "rosconada", como a chamo eu, no seu pobo, ese pobo que dalgunha maneira lle da nome a este blogue.  Xa me preguntou moita xente de onde ven o nome de "neixentas" e creo que este é un bo momento para explicalo.  A familia da miña nai ten como alcume "os neixentos" e naceron nunha aldea de Sober (Lugo) chamada Santo Salvador de Neiras.


    Así que alí as mulleres amasamos e meu pai quentou o forno que, como vedes, non é precisamente pequeno.  Os roscóns que facemos aquí sempre son os que teñen mellor cor e mellor sabor:  onde haxa un forno de leña esquecemos o eléctrico.



    Do roscón sen ovo xa puxen aquí a receita así que hoxe tócalles aos da miña nai.  Os ingredientes son para dous roscóns.  Eu sempre recomendo facer a metade dos ingredientes para empezar, pois os nosos fornos non son como os da aldea.  Miña nai, como sempre cociña "ao grande", fixo aproximadamente tres veces e media as cantidades que poño deseguido:

  • 8 ovos
  • 1 kg de fariña
  • 250 g de azucre
  • 100 g de fermento de panadería
  • 1 culleradiña de sal
  • 1 culleradiña de esencia de anís
  • 100 g de manteiga
  • 200 ml de nata
Para vernizar e adornar:
  • Ovo batido
  • Cereixas confeitadas
  • Azucre humedecido cunhas pingas de auga
    Nun recipiente no que poidamos mesturar todos os ingredientes poñemos case toda a fariña, os ovos,o sal, o fermento, o azucre, a manteiga, a esencia de anís e a nata.




   Amasamos primeiro no recipiente e unha vez que ligaron os ingredientes facémolo nunha mesa ou no mesado da cociña.  Seguramente teremos que ir engadindo fariña ata que a masa non se pegue ás mans, pero que non quede dura tampouco.  Espolvoreamos un pouco de fariña no recipiente inicial e botamos alí toda a masa.  Tapamos cun pano e despois con papeis de xornal.  Podemos axudar á masa a levedar poñendo debaixo unha tarteira con auga quente.  Os que fixo a miña nai precisaron así unhas 3 horas de levedado.  Senón necesitarían máis.  




    Facemos despois as roscas ou as trenzas e as poñemos enriba de papel de forno ou papel vexetal.  Tapamos cun pano e deixamos que volvan levedar.






    Xusto antes de metelas ao forno as vernizamos con ovo batido e poñémoslles o azucre humedecido e as cereixas.


    Non precisa moito tempo de forno.  Se os facemos en forno eléctrico quentarémolo a 190 º e vixiaremos pois, dependendo do forno, poden tardar 20 minutos ou algo máis.




    Para saber se están cocidos basta con cravarlles un escarvadentes e ver se sae seco.  Meu pai, como é moi orixinal, cravoulles unha rama de oliveira.




    La Semana Santa ya acabó y con ella también el día de Pascua con la elaboración de un postre muy típico:  la rosca o roscón que muchos padrinos regalan por estas fechas a sus ahijados.


    Mi madre suele hacer la gran "rosconada", como la llamo yo, en su pueblo, ese pueblo que de alguna manera le da nombre a este blog.  Ya me preguntó mucha gente de donde viene el nombre de "neixentas" y creo que este es un buen momento para explicarlo.  La familia de mi madre tiene como apodo "los neixentos" y nacieron en una aldea de Sober (Lugo)  llamada San Salvador de Neiras. 



    Así que allí las mujeres amasamos y mi padre calentó el horno que, como veis, no es precisamente pequeño.  Los roscones que hacemos aquí siempre son los que tienen mejor color y mejor sabor:  donde haya un horno de leña nos olvidamos del eléctrico.


    Del roscón sin huevo ya puse aquí la receta así que hoy les toca a los de mi madre.  Los ingredientes son para dos roscones.  Yo siempre  recomiendo hacer la mitad de los ingredientes para empezar, pues nuestros hornos no son como los de la aldea.  Mi madre, como siempre cocina "a lo grande", hizo aproximadamente tres veces y media las cantidades que pongo a continuación:

  • 8 huevos
  • 1 kg de harina
  • 250 gr. de azúcar
  • 100 gr. de levadura de panadería
  • 1 cucharadita de sal
  • 1 cucharadita de esencia de anís
  • 100 gr. de mantequilla
  • 200 ml de nata

Para barnizar y adornar




  • Huevo batido
  • Cerezas confitas
  • Azúcar humedecido con unas gotas de agua
    En un recipiente en el que podamos mezclar todos los ingredientes ponemos casi toda la harina, los huevos, la sal, la levadura, el azúcar, la mantequilla, la esencia de anís y la nata.


    Amasamos primero en el recipiente y una vez que ligaron los ingredientes lo hacemos en una mesa o en el mesado de la cocina.  Seguramente tendremos que ir añadiendo harina hasta que la masa no se pegue a las manos, pero que no quede dura tampoco.  Espolvoreamos con un poco de harina en el recipiente inicial y echamos allí toda la masa.  Tapamos con un paño y después con papeles de periódico.  Podemos ayudar a la masa a leudar poniendo debajo una tartera con agua caliente.  Los que hizo mi madre necesitaron así unas 3 horas de levado.  Si no necesitarían más.


    Hacemos después las roscas o las trenzas e las ponemos encima de papel de horno o papel vegetal.  Tapamos con un paño y dejamos que vuelvan a leudar.






    Justo antes de meterlas al horno las barnizamos con huevo batido y les ponemos el azúcar humedecido y las cerezas.


    No necesita mucho tiempo de horno.  Si los hacemos en horno eléctrico lo calentaremos a 190º y vigilaremos pues, dependiendo del horno, pueden tardar 20 minutos o algo más.


    Para saber si están cocidos basta con clavarles un palillo y ver si sale seco.  Mi padre, como es muy original, les clavó una rama de olivo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario