martes, 15 de julio de 2014

POLO Á CERVEXA

    POLLO A LA CERVEZA


    Este tempo de vacacións, cando andamos máis de vagar, é propicio para experimentar cousas novas ou mesmo para cociñar a 4 ou 6 mans.  A experiencia deixa bo sabor de boca e aprendemos todas moitas cousas.

    Así que aí vai o noso experimento.  Non é que o sacáramos así como así como quen fai un truco de maxia e saca o polo asado da manga.  Non, tamén temos as nosas fontes de inspiración que desta volta saen dunha revista de cociña.

  • 1/2 polo (o noso caseiro dun kg aproximadamente)
  • 1 cebola
  • 2 dentes de allo
  • 1 cenoria
  • 3 ou 4 patacas grandes
  • Adobo
  • Azafrán
  • Ourego
  • Tomiño
  • 100 ml de cervexa
  • o zume de 1/2 limón


    Como podedes ver na foto, gústanme as olas de barro para facer os asados.

    No fondo desa ola puxen a cebola cortada en plumas, as patacas en rodas ( de dous cm + ou -) e as cenorias en rodas tamén.  Boteilles un chisco de azafrán.

    Imos agora co polo.  Despois de limpalo e sacarlle un pouco o excedente de graxa, adobeino collendo 3 culleradas de adobo ao que lle engadín ourego e tomiño.  Con esa mestura untei o polo e púxeno enriba das patacas.  Regueino co zume de limón e coa cervexa e ao forno a 190º.

    Cando estea dourado pola parte superior, sacámolo e dámoslle a volta.  Cando se faga polo outro lado retirámolo e levámolo á mesa.




 Fonte: "Cocina Fácil"

    
    Este tiempo de vacaciones, cuando andamos con más calma, es propicio para experimentar cosas nuevas o también para cocinar a 4 o 6 manos.  La experiencia deja buen sabor de boca y aprendemos todas muchas cosas.

    Así que ahí va nuestro experimento.  No nos lo sacamos así como quien hace un truco de magia y saca el pollo asado de la manga.  No, también tenemos nuestras fuentes de inspiración que esta vez salen de una revista de cocina.

  • 1/2 pollo (el nuestro casero de un kg aproximadamente)
  • 1 cebolla
  • 2 dientes de ajo
  • 1 zanahoria
  • 3 o 4 patatas grandes
  • Adobo
  • Azafrán
  • Orégano
  • Tomillo
  • 100 ml de cerveza
  • El zumo de 1/2 limón

    Como podéis ver en la foto, me gustan las ollas de barro para hacer asados.
   
    En el fondo de esa fuente puse la cebolla cortada en plumas, las patatas en rodajas ( de dos cm +  o -) y las zanahorias en rodajas también.  Les eché una pizca de azafrán.

    Vamos ahora con el pollo.  Después de limpiarlo y sacarle un poco el excedente de grasa, lo adobé cogiendo 3 cucharadas de adobo al que le añadí orégano y tomillo.  Con esa mezcla unté el pollo y lo puse encima de las patatas.  Lo regué con el zumo de limón y con la cerveza y al horno a 190º.

    Cuando esté dorado por la parte superior, lo sacamos y le damos la vuelta.  Cuando se haga por el otro lado lo retiramos y lo llevamos a la mesa.

   

 Fuente:  "Cocina fácil"

No hay comentarios:

Publicar un comentario