sábado, 11 de julio de 2015

MARMELADA DE CEREIXA

    MERMELADA DE CEREZA


    Por que non fas marmelada?  Esta é a suxestión habitual na miña casa cando hai excedente de froita.  Este ano as cerdeiras do meu sogro deron cereixas en abundancia e atrevinme a preparar unha pouca marmelada.

    O proceso que seguín non ten diferenza coa elaboración das outras marmeladas, pero ten a dificultade de sacar as carabuñas antes de facela.  Pode ser que teñades algún aparato que vos facilite a tarefa; de non ser o caso podedes observar este vídeo que seguro vos vai axudar.


  • 600 gr de cereixas  (sen carabuñas)
  • 300 gr de azucre
  • Zume de 1/2 limón

    Despois de sacar as carabuñas das cereixas, pesámolas e engadimos o azucre máis o zume de limón.

    Deixamos repousar na neveira unhas horas.  Eu deixeina toda a noite.

    Poñémola a cocer e deixámola 1/2 hora desde que empeza a ferver.  Cando ferva baixamos o lume ao xusto para que non deixe de facelo.
  
    Triturámola o deixámola con anacos, como máis nos guste, e envasámola.

    Eu aproveitei que tiña feita unha torta de queixo para probala.



    ¿Por qué no haces mermelada?  Esta es la sugerencia habitual en mi casa cuando hay excedente de fruta.  Este año los cerezos de mi suegro dieron cerezas en abundancia y me atreví a preparar una poca mermelada.

    El proceso que seguí no tiene diferencia con la elaboración de las otras mermeladas, pero tiene la dificultad de sacar los huesos antes de hacerla.  Puede ser que tengáis algún aparato que os facilite la tarea; sino es así podes ver este vídeo que seguro que os va a ayudar.



  • 600 gr de cerezas  (sin hueso)
  • 300 gr de azúcre
  • Zumo de 1/2 limón

    Después de sacar el hueso de las cerezas, las pesamos y añadimos el azúcar además del zumo de limón.    

    Dejamos reposar en la nevera unas horas.  Yo la dejé todas la noche.
   
    La ponemos a cocer y la dejamos 1/2 hora desde que empieza a hervir.  Cuando hierva bajamos el fuego lo justo para que no deje de hacerlo.
   
      La trituramos o la dejamos con trozos, como más nos guste, y la envasamos.
    
    Yo aproveché que había hecho tarta de queso para probarla.




    

No hay comentarios:

Publicar un comentario