lunes, 6 de julio de 2015

QUICHE DE CABACIÑA E ALLO PORRO (SEN OVO)

    QUICHE DE CALABACÍN Y PUERRO (SIN HUEVO)


    A culpa é da miña nai.  Si da miña nai e da cantidade e calidade de cabaciñas que ten na horta.  Ademais á miña familia non lle gustan as cremas de verduras e hai que buscar outra maneira de comelas.  Si, tamén podemos facer cabaciñas rebozadas, pero non sempre se pode estar pensando en sobremesas.



  • 1 lámina de masa quebrada ou brisa
  • 1/2 cabaciña grande
  • 2 allos porros
  • Unha cullerada de manteiga
  • 200 ml de nata para cociñar
  • 100 gr de touciño entrefebrado en anacos
  • 50 gr de queixo relado
  • Un chisco de sal e pementa

    Quentamos o forno a 220 º.  Estendemos a masa nun molde redondo, picamos a superficie un garfo e metemos uns 10  minutos no forno.  Podemos cubrir a superficie cun papel vexetal e garavanzos para que a masa non suba.  Eu non o fixen:  o paquete da masa poñía que non subía e decidín probar.  Subiu un chisco, case nada.


    Mentres preparamos o recheo.  Derretemos a manteiga e engadimos o allo porro cortado en anacos pequenos.  Cando empeza a abrandarse incorporamos a cabaciña que teremos pelada e cortada tamén en anacos pequenos.  Deixamos que evapore o líquido que solta.  Ao mesmo tempo nunha tixola tostamos un pouco o touciño e reservamos.  Cando se evapore a auga da calabaciña incorporamos a nata e deixamos que espese un pouco.  Retiramos e engadimos o queixo relado e o touciño ademais do sal e a pementa.

    Incorporamos o recheo á masa e volvemos enfornar.  Deixamos que se cociñe uns 25 minutos máis ou ata que colla cor dourada. 





    La culpa es de mi madre.  Sí de mi madre y de la cantidad y calidad de calabacines que tiene en la huerta.  Además a mi familia no le gustan las cremas de verduras y hay que buscar otra manera de comerlos.  Sí, también podemos hacer calabacín rebozado, pero no se puede estar pensando siempre en postres. 




  • 1 lámina de masa quebrada o brisa
  • 1/2 calabacín grande
  • 2 puerros
  • Una cucharada de mantequilla
  • 200 ml de nata para cocinar
  • 100 gr de bacon
  • 50 gr de queso rallado
  • Una pizca de sal e pimienta

    Calentamos el horno a 220º.  Extendemos la nasa en un molde redondo, pinchamos la superficie con un tenedor y metemos unos 10 minutos en el horno.  Podemos cubrir la superficie con un papel vegetar y garbanzos para que la masa no suba.  Yo no lo hice:  el paquete de masa ponía que no subía y decidí probar.  Subió una pizca, casi nada.



    Mientras preparamos el relleno.  Derretimos la mantequilla y añadimos el puerro cortado en trozos pequeños.  Cuando empieza a ablandarse incorporamos el calabacín que tendremos pelado y cortado también en trozos pequeños.  Dejamos que se evapore el líquido que suelta.  Al mismo tiempo en un sartén doramos un poco el bacon y reservamos.  Cuando se evapore el agua del calabacín incorporamos la nata y dejamos que espese un poco.  Retiramos y añadimos el queso rallado y el bacon además de salpimentar.

   Incorporamos el relleno a la masa y volvemos a hornear.  Dejamos que se cocine unos 25 minutos más o hasta que coja color dorado.



    

No hay comentarios:

Publicar un comentario