lunes, 31 de octubre de 2011

BISCOITO DE MORAS

    BIZCOCHO DE MORAS

    Como xa contei nunha receita anterior, teño moras no conxelador e hai que darlles saída.  Hoxe fixen este biscoito que non é outro que o biscoito de limón un pouco modificado para convertelo na sobremesa que nos acompaña hoxe.

     Unha das dificultades do biscoito para alérxicos ao ovo está na elección do fermento químico posto que a que todos coñecemos non é apta por conter trazas de ovo.  A que eu empreguei chámase Promolac.
Ingredientes:
  • 1 iogur de “ froitas do bosque”.
  • 2 medida de iogur de azucre.
  • 4 medidas de iogur de fariña.
  • 1 medida de iogur de aceite.
  • ½ medida de iogur de leite.
  • Peladura de ½ limón
  • 1 sobre de fermento
  • 100 g. de moras.
  • 2 culleradiñas de azucre.

    Nun recipiente fondo no que se poda bater temos que botar:  o iogur, o azucre, o aceite, o leite e a peladura de limón.  Batemos e despois engadimos a fariña e o fermento.  Volvemos a bater.

    Teremos preparado un molde ( dos que se poidan abrir) engraxado e enfariñado e alí botamos a mestura.  Despois con moito coidado poñemos as moras enriba e espolvoreamos as dúas culleradiñas de azucre.  Metemos no forno, previamente quecido a 190º, en posición medio-baixa e con ventilador e resistencia inferior.  Estará feito cando ao cravar un escarvadentes este saia seco.  Poñer entón a resistencia superior durante un para de minutos para que colla cor.

    Comelo é máis sinxelo.  Mamá:  este biscoito podes repetilo.




    Como ya conté en una receta anterior, tengo moras en el congelador y hay que darles salida.  Hoy hice este bizcocho que no es otro que el bizcocho de limón un poco modificado para convertirlo en este postre que nos acompaña hoy.

    Una de las dificultades del bizcocho para alérgicos al huevo está en la elección de la levadura química puesto que la que todos conocemos no es apta por contener trazas de huevo.  La  que yo usé se llama Promolac.

Ingredientes:

  • 1 yogur de “frutas do bosque”.
  • 2 medida de yogur de azúcar.
  • 4 medidas de yogur de harina.
  • 1 medida de yogur de aceite.
  • ½ medida de yogur de leche.
  • Ralladura de ½ limón
  • 1 sobre de levadura
  • 100 g. de moras.
  • 2 cucharaditas de azúcar.

    En un recipiente hondo en el que se pueda batir tenemos que echar: el yogur, el azúcar, el aceite, la leche y la ralladura de limón.  Batimos y después añadimos la harina y la levadura.  Volvemos a batir.

    Tendremos preparado un molde (de los que se pueden abrir) engrasado y enharinado y allí echamos la mezcla.  Después con mucho cuidado ponemos las moras encima y espolvoreamos las dos cucharaditas de azúcar.  Metemos en el  horno, previamente calentado a 190º, en posición medio-baja y con ventilador y resistencia inferior.  Estará hecho cando al clavar un palillo éste salga seco.  Poner entonces la resistencia superior durante un par de minutos para que coja color.

    Comerlo es más sencillo.  Mamá: este bizcocho puedes repetirlo.


2 comentarios:

  1. Tes toda a razón...este biscoito está dicindo cómeme. O ano que ven vou eu tamén coller moras polo monte. Noraboa polo blog. Vendo as fotos eu tamén me vou animar a cociñar mais.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas polos ánimos. Espero que recollas moitas moras e fagas moitos biscoitos. Un saúdo.

    ResponderEliminar