lunes, 18 de agosto de 2014

XEADO DE LIMÓN (sen ovo)

    HELADO DE LIMÓN (sin huevo)


    Está rematando o verán.  Que verán? diremos os galegos porque case non o gozamos.  Case foron máis os días nubrados que os soleados.

    Antes de que remate o verán definitivamente teño que redactar esta receita.  A principios do mes do xullo comprei no Lidl un novo cacharriño:  unha pequena máquina para facer xeados caseiros e así aproveitar un pouco a froita (e forzar a tomar froita tamén).  Probei con varios xeados, pero o que ganou por aclamación familiar foi o de limón.  A miña idea inicial era facelo e gardalo nun "tuper" no conxelador, visto que os xeados saen máis cremosos nesta máquina que os que se fan sen ela.  Ao final acabei facendo polos como outros anos, pero hai que ter en conta que quedan moito máis cremosos e lles costa un pouquiño máis saír do molde, pero non por iso van quedar sen comer.

  • 150 ml de leite semidesnatada
  • 200 ml de nata líquida
  • 80 gr de azucre
  • 2 culleradas de mel
  • 2 limóns


    Nun cazo poñemos a ferver o leite xunto co azucre e a peladura dun limón.  Cando ferva apagamos o lume e deixamos que repouse 10 minutos, para despois coar e deixar arrefriar.  Mentres exprememos os dous limóns e engadimos o zume á mestura anterior ademais das dúas culleradas de mel  e a nata sen montar.  Batemos e deixamos 3 ou 4 horas na neveira.  Despois levámola á máquina de xeados e deixámola funcionar 30 ou 40 minutos. 

    Xa temos o xeado preparado e listo para tomar, gardar no conxelador ou facer polos.



Fonte:  Cocinerando



    Está acabando el verano.  ¿Qué verano?  diremos los gallegos porque casi no lo disfrutamos.  Casi hubo más días nublados que soleados.
   
    Antes de que acabe el verano definitivamente tengo que redactar esta receta.  A principios del mes de julio compré en el Lidl un nuevo cacharrito:  una pequeña máquina para hacer helados caseros y así aprovechar un poco la fruta (y forzar a tomar fruta también).  Probé con varios helados, pero el que ganó por aclamación familiar fue el helado de limón.  Mi idea inicial era hacerlo y guardarlo en un "tuper" en el congelador, visto que los helados salen más cremosos en esta máquina que los que se hacen sin ella.  Al final acabé haciendo polos como otros años, pero hay que tener en cuenta que quedan mucho más cremosos y les cuesta un poco más salir del molde, pero no por eso van a quedar sin comer.

  • 150 ml de leche semidesnatada
  • 200 ml de nata líquida
  • 80 gr de azúcar
  • 2 cucharadas de miel
  • 2 limones


    En un cazo ponemos a hervir la leche junto con el azúcar y la ralladura de un limón.  Cuando hierva apagamos el fuego y dejamos que repose 10 minutos, para después colar y dejar enfriar.  Mientras exprimimos los dos limones y añadimos el zumo a la mezcla anterior además de las dos cucharadas de miel y la nata sin montar.  Batimos y dejamos 3 o 4 horas en la nevera.  Después la llevamos a la máquina de helados y la dejamos funcionar 30 o 40 minutos.

    Ya tenemos el helado preparado y listo para tomar, guardar en el congelador o hacer polos.
    


Fuente:  Cocinerando
    

No hay comentarios:

Publicar un comentario