lunes, 26 de diciembre de 2011

LEITÓN

    COCHINILLO


    Xa está aquí, xa chegou:  estamos en Nadal.  É tempo, sobre todo, de reunirse coa familia e cos amigos.  E non hai nada mellor que facelo diante dun mantel para compartir un bo prato de comida.  Tamén é certo que facemos moitos excesos e que as cociñeiras sempre pensamos que a comida que poñemos enriba da mesa non vai chegar e despois pasamos unha semana comendo os restos, pero todo vale se temos contentos aos comensais e vemos as súas caras de satisfacción.



    Este Nadal decidín experimentar cun leitón e creo que saíu bastante ben.  Déixovos aquí a receita.

·         Leitón ( no meu caso era medio leitón duns 3 kg de peso)
·         Patacas
·         2 culleradas de adobo
·         5 allos
·         Sal
·         3 culleradas ben cheas de manteiga de porco
·         1 culleradiña de ourego
·         1 culleradiña de tomiño
·         Un chisco de azafrán
·         1 vaso de viño branco
·         Unhas ramas de loureiro sen follas

    Unhas 6 ou 7 horas antes de meter o leitón no forno procedemos ao seu adobado.  Pola parte interior unteino con dúas culleradas do adobo que tedes nas miñas receitas.  Para untalo pola parte de fora (pola pel) machuquei no morteiro os 5 dentes de allo xunto co sal.  Despois engadín as 3 culleradas de manteiga de porco unha vez que a pasei un minuto polo microondas para que estivera máis líquida.  Esa pasta estendina enriba do leitón. 

    Nunha fonte de barro coloquei as ramas de loureiro no fondo e despois o leitón enriba.  Metino no forno a 200º-210º en posición baixa e con resistencia inferior e superior.  Deixeino así durante unha hora.  Mentres pelei as patacas e as cortei en rodelas de 2 cm., máis ou menos.  Engadinlles sal, ourego, tomiño e un chisco de azafrán.  Pasada a hora do leitón no forno, saqueino e puxen no fondo as patacas aproveitando para darlle a volta ao leitón.  Deixeino así outra hora para volver a sacalo e poñelo outra vez coa pel para arriba.  Aproveitei para botarlle un vaso de viño branco.  Neste punto a cor do leitón é cada vez máis dourada, pero é conveniente pinchalo cunha agulla ou con un escarvadentes para que vaia soltando a graxa derretida.  En total foron unhas 3 horas e media de forno a 210º e quedou así:



¡BO NADAL!






    Ya está aquí, ya llegó: estamos en Navidad.  Es tiempo, sobre todo, de reunirse con la familia y con los amigos.  Y no hay nada mejor que hacerlo delante de un mantel para compartir un buen plato de comida.  También es cierto que hacemos muchos excesos y que las cocineras siempre pensamos que la comida que ponemos encima de la mesa no va a llegar y después pasamos una semana comiendo los restos, pero todo vale si tenemos contentos a los comensales y vemos sus caras de satisfacción.


    Esta Navidad decidí experimentar con el cochinillo y creo que salió bastante bien.  Os dejo aquí la receta.

·         Cochinillo ( en mi caso era medio cochinillo de unos 3 kg de peso)
·         Patatas
·         2 cucharadas de adobo
·         5 ajos
·         Sal
·         3 cucharadas bien llenas de manteca de cerdo
·         1 cucharadita de orégano
·         1 cucharadita de tomillo
·         Una pizca de azafrán
·         1 vaso de vino blanco
·         Unas ramas de laurel sin hojas

    Unas 6 o 7 horas antes de meter el cochinillo en el horno procedemos a su adobado.  Por  la parte interior lo unté con dos cucharadas del adobo que tenéis en mis recetas.  Para untarlo por la parte de fuera (por la piel) machaqué en el mortero unos 5 dientes de ajo junto con la sal.  Después añadí las tres cucharadas de manteca de cerdo una vez que la pasé un minuto por el microondas para que estuviera más líquida.  Esta pasta la extendí encima del cochinillo.

    En una fuente de barro coloqué las ramas de laurel en el fondo y después el cochinillo encima.  Lo metí en el horno a 200º-210º en posición baja y con resistencia inferior y superior.  Lo dejé así durante una hora.  Mientras pelé las patatas y las corté en rodajas de 2 cm., más o menos.  Les añadí sal, orégano, tomillo y una pizca de azafrán.  Pasada la hora del cochinillo en el horno, lo saqué y puse en el fondo las patatas aprovechando para darle la vuelta al cochinillo.  Lo dejé así otra hora para volver a sacarlo y ponerlo otra vez con la piel para arriba.  Aproveché para echarle un vaso de vino blanco.  En ese punto el color del cochinillo es cada vez más dorada, pero es conveniente pincharlo con una aguja o con un palillo para que vaya soltando la grasa derretida.  En total fueron unas 3 horas y media de horno a 210 º y quedó así:


¡FELIZ NAVIDAD!

2 comentarios:

  1. Ainda que na miña casa tamén estamos coas sobras e van colear algun día máis, ao mirar ese leitón dan gañas de volver celebrar a Noiteboa e a comida de Nadal. Menos mal que ven ahí ano vello e aninovo para volver meterse na cociña.
    Felices festas para todos os da casa

    ResponderEliminar
  2. A verdade é que facemos comida de máis e despois pasamos media semana a base de sobras, pero tamén é emocionante experimentar e facer comidas que non son as de todos os días. Así que xa sabes: un novo prato para anovello. Felices festas tamén para todos vos.

    ResponderEliminar